XXXI FESTA DO CABAZO

Publicado por secretaria o Mér, 31/10/2018 - 13:57

FESTA DO CABAZO

A ASOCIACIÓN CULTURAL "O COTO" VEN ORGANIZANDO ESTA FESTA GASTRONÓMICA DENDE O ANO 1984.

Introducción:

A Asociación Cultural “O Coto” quere dar a coñecer un pouco máis a súa “Festa do Cabazo” que ven realizando dende hai trinta e catro anos no Colexio Carballal.
É unha festa gastronómica, ata hai poucos anos a única dedicada a este producto tan especial para nós, pero que cremos cunhas características peculiares que a diferencian doutras festas gastronómicas :
• O obxectivo principal era recuperar un cultivo que fora importante na zona e de recoller e difundir todas aquelas tradicións culinarias que tiñan como base o cabazo; así como novas utilizacións do mesmo.
• Participación e realización da Asociación no proceso completo : cultivo de cabazos (marzo, abril), recollida (setembro, outubro), preparación e elaboración do producto (outubro, novembro) e finalmente realización da Festa (3º domingo de novembro).
• Aumento progresivo na implicación e participación na Festa: En todo o proceso, tratamos de implicar ó maior número de persoas posibles de tódalas idades, de xeito que se vai producindo unha relación interxeracional importante que é parte esencial da Festa: socios, veciños, socios doutras asociacións, xente que se achega para coñecer máis de cerca o que facemos acabando implicada totalmente no proceso. Son cada vez máis as persoas que participan de xeito activo en toda a preparación.
• É un proxecto cultural, non mercantil : a festa naceu como método de recuperación e enxalzamento do cabazo, ofrecendo degustacións gratuítas do mesmo. A medida que a festa medraba, íanse ofrecendo productos á venda para poder realizala económicamente. Nestes momentos, a pesar de ter medrado moitísimo, seguimos a manter degustacións gratuítas dalgún dos productos.
• Proceso artesanal, feito por voluntarios, de tódolos productos elaborados, que requiren grandes recursos humáns e materiais: Realízanse productos moi diferentes con unha importante complexidade na súa elaboración, para o que se precisan moitas persoas. O custo final do producto resulta elevado, tanto polos ingredientes utilizados como polo custe persoal dos voluntarios que ofrecen o seu tempo para a realización da festa.
• O día da festa prográmase cun marcado carácter cultural, ademais do festivo e gastronómico: Aparte das actuacións dos grupos, realízanse paralelamente diversas exposicións e unha mostra de artesanía; que teñen suscitado grande interese no público en xeral.
• Contamos coa axuda de pregoeiros especiais, personalidades do mundo da cultura que comparten con nós os obxectivos da festa, axudándonos a manter vivas as nosas tradicións.

A Festa:

A Festa do Cabazo é unha festa gastronómica que se celebra tódolos anos polo mes de novembro ( o 3º domingo ) no Colexio Carballal de Cabral, Vigo , dende o ano 1984.
A Asociación Cultural “O Coto”, no seu afán de cumplir un dos seus obxectivos básicos que é evitar a perda das tradicións, creu necesaria a recuperación e enxalzamento do cabazo como producto alimenticio, recollendo todas aquelas tradicións culinarias do mesmo e dando a coñecer numerosas utilizacións do seu producto estrela: “o cabazo”.
Consiste na realización e mostra dun certo número de pratos diferentes que se poden facer con cabazo e que poden degustar tódolos asistentes; como poden ser: caldo, flans, marmelada, chulas, pan, galletas, pisto, pasteis, empanadas de cabelo de anxo, sopaipillas, licor de cabazo, …
Para os cociñados, todos feitos de xeito artesanal por voluntarios da propia Asociación e outros colaboradores, utilízanse algunhas dependencias do colexio, diversas casas de socios e colaboradores e no día anterior a festa fanse nunha carpa auxiliar que se habilita ó lado da carpa da festa. Contamos coa grande axuda de dúas panaderías ( Cerviño e Magallanes) que de xeito totalmente desinteresado, deixannos utilizar os seus fornos.
Utilizanse ó redor de douscentos cabazos dunha media duns 40 quilos cada un. Estes cabazos son doados polos veciños que colaboran desinteresadamente na festa e polos socios da Asociación. Tamén nos ofrecen cabazos doutras parroquias de Vigo e incluso doutros municipios dos arredores.
Para a realización da festa precisase a colaboración dunhas sesenta persoas , tanto para o sábado anterior como para o día da festa. Durante todo o proceso de preparación da Festa do Cabazo, chegan a colaborar ó redor de duascentas persoas diferentes.
A festa comenza ás once da mañá e prolongase ata ó serán.
Normalmente realízase unha pequena degustación gratuíta dalgúns dos pratos feitos con cabazo.
Prepáranse ademais envases de degustación que tódolos asistentes poden adquirir a precios módicos ó longo de todo o día.
Tamén poderán facerse coa publicación sobre a Festa do Cabazo, na que se fala do cabazo e as súas cualidades, da Festa do Cabazo e os seus obxectivos e algunhas das receitas que se fan.
No día da festa ofrécense actuacións de grupos diversos, normalmente de música tradicional galega e pódense ver diversas exposicións e unha mostra de artesanía.
Dende hai anos realízase a lectura do pregón a cargo dunha personalidade do mundo da cultura.
Nalgunhas das edicións, realízanse concursos de receitas de pratos elaborados con cabazo e concursos de cabazos.
Durante a Festa , podese ver tamén unha exposición sobre a historia da Festa do Cabazo, na que se mostra o proceso de cultivo, recollida, elaboración e degustación do cabazo.

Finalmente engadir, que todos os que estamos detrás da Festa do Cabazo, cremos e sentimos que este proxecto segue a manter vida propia, polo que calquera esforzo é totalmente gratificante para nós.
Dende aquí facemos unha invitación a todos os que queirades participar con nós, lembrándovos que o día da festa este ano será o domingo 18 de novembro, celebrando a XXXI edición e que se queredes coñecer de primeira man todo o proceso de elaboración, podedes poñervos en contacto con nós.