XXX XUNTANZA FOLCLÓRICA NO COLEXIO CARBALLAL O SÁBADO 22 DE SETEMBRO ÁS 20:00 HORAS.
O próximo sábado día 22 de Setembro celebrarase unha “Xuntanza Folclórica” no Colexio Público do Carballal organizada pola Asociación Cultural “O Coto”.
O acto dará comenzo ás 20,00 h. e nel estarán presentes os seguintes grupos folclóricos e de música tradicional:
- GRUPO ETNOGRÁFICO DE VILA PRAIA DE ÂNCORA (Portugal).
- GRUPO FOLCLÓRICO SANTA CRISTINA DE VALEIXE ( A Cañiza).
- GRUPO FOLCLÓRICO AIRIÑOS DO COTO.
Dende a Asociación Cultural "O Coto", queremos animar, un ano máis, aos amantes do folclore, a que pasen con nós unha pequena parte do seu tempo, disfrutando coa mostra presente nesta Xuntanza Folclórica.