XVII SERÁN DO COTO

Publicado por secretaria o Mér, 09/05/2018 - 14:17

A Asociación Cultural “O Coto” de Carballal, celebrará o próximo sábado 12 de maio o “XVII Serán do Coto” no Colexio Carballal a partir das 22:00 h.; tratando de conseguir un dos obxectivos desta Asociación que é o de recuperar e evitar a perda das nosas tradicións, conseguindo así manter viva parte da nosa cultura.
O serán era o modo de diversión e pasatempo dos nosos antepasados que ao son das pandeiretas, gaitas, pandeiros, cunchas e demais improvisados instrumentos, os veciños facían as súas festas poñendo letra a melodías populares e bailando ata non poder máis.
Para este décimo sétimo serán, despois do éxito de participación e asistencia dos pasados anos, queremos agradecer a gran colaboración dos veciños por incentivarnos a manter viva esta tradición así como aos grupos participantes de pandeireteiras, gaiteiros, etc. , que coas súas cantigas populares e música tradicional fan pervivir no tempo unha parte importante do noso pasado; así como convidalos a todos a este décimo sétimo serán; no que, a media noite, servirase un aperitivo e chocolate quente para todos os asistentes.