XII MARCHA POPULAR POLOS MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE CABRAL E CANDEÁN

Publicado por secretaria o Mér, 05/06/2019 - 13:40

O domingo 16 de xuño, celebrarase a "XII MARCHA POPULAR POLOS MONTES EN MAN COMÚN DE CABRAL E CANDEÁN".
Esta edición formará parte dos actos de celebración do 50 ANIVERSARIO DO COLEXIO CARBALLAL, organizados polo CEIP CARBALLAL, a ANPA CARBALLAL-CERNADES e a ASOCIACIÓN CULTURAL O COTO.
A saída será ás 10:30 dende o Parque Forestal do Vixiador.
INSCRICIÓNS: secretaria@ocoto.org , chamando ao 622 280 160 ou no lugar de saída de 9:30 a 10:30 h.

Trátase dun evento lúdico-deportivo, que dende a súa primeira edición, ten como principais obxectivos dar a coñecer aos veciños os seus montes e incentivar o sendeirismo para calquera tipo de idade ou condición física dos participantes; facendo que sexa un día de festa e exercicio asequible para todo o mundo.
Este ano a Marcha Popular dará comenzo no Parque Forestal do Vixiador (Candeán) e rematará no Parque Forestal de Cotogrande (Becerreira - Cabral), sendo o seu percorrido polo Sendeiro Panorámico de Vigo (GR-53) entre eses dous puntos.
No inicio,a partir das 9:30 haberá instalada unha mesa para a recollida de dorsais (para os inscritos con anterioridade) e outra mesa para inscribir a aqueles que non poideran facelo antes.
É necesaria a inscrición para a formalización do seguro de accidentes. Recomendamos facer a inscrición con anterioridade para facilitar o envío da lista de participantes a aseguradora.
Tamén se fará entrega dalgún obsequio pola participación na actividade.
Haberá varios postos de avituallamento en todo o percorrido.
Ao final da ruta, en Cotogrande, un autobús de Vitrasa levará gratuitamente aos participantes a recoller os seus coches ao Vixiador.
Animamos aos participantes aos que lles apeteza, a que se queden a comer xuntos no Parque Forestal de Cotogrande. ¡Trae a túa comida e desfruta da natureza!

Organizan: CEIP CARBALLAL, ANPA CARBALLAL-CERNADES E ASOCIACIÓN CULTURAL O COTO.

Colaboran:
- COMUNIDADES DE MONTES EN MAN COMÚN DE CABRAL E CANDEÁN.
- CONCELLO DE VIGO.
- AVANZA - VITRASA.
- VILFERGÓN.

¡ PARTICIPA CON NÓS O DOMINGO 16 DE XUÑO!