Despois de case dous anos protagonizados pola Covid-19, no que a actividade desta Asociación quedou anulada durante uns meses e logo iniciada de xeito paulatino; queremos convocar aos socios a Asemblea Xeral Ordinaria.
A Xunta Directiva da Asociación Cultural O Coto, convoca aos seus asociados para o próximo sábado 6 de novembro de 2021 ás 19:30 h. no Salón de Actos do Colexio Carballal, onde teremos
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
ORDE DO DÍA
1- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2- Balance e aprobación, se procede, de contas ano 2019.
3- Balance e aprobación, se procede, de contas ano 2020.
4- Plan actividades anos 2021 e 2022.
5- Rogos e preguntas.