CONCERTO CORAIS - VII ANIVERSARIO CORO "O COTO" - PRESENTACIÓN CORO DE NENOS DA ASOCIACIÓN

Publicado por secretaria o Lun, 30/10/2017 - 09:51

Con motivo do VII Aniversario do Coro Polifónico "O Coto" , celebraremos un concerto no C.C.R. de Cabral (Becerreira) o próximo sábado 4 de novembro ás 20:30 h.

Participarán:
- A Coral Polifónica da CONFRARÍA DE PESCADORES DE O GROVE.
- A Coral Polifónica da A.V.C.R. SAN MAMEDE DE ZAMÁNS.
- O Coro Polifónico O COTO.
- Presentación do Coro "COTO XOVE".

Este é un aniversario moi especial para nós porque o noso coro de nenos, que hai uns meses era a nosa nova ilusión é hoxe unha realidade.

O coro O Coto, da Asociación Cultural O Coto de Carballal, fixo a súa presentación en outubro de 2010 e dende entón segue a medrar musicalmente pasiño a pasiño. Está formado por 43 voces mixtas, forma parte de ACOPOVI e os ensaios realízanse os martes de 21:00 a 23:00 h. no Colexio Carballal.
Dende o seu inicio, este coro está dirixido por Javier Alonso Pérez, Licenciado en Música na especialidade de violonchelo, mestre e director en diferentes corais como o Coro Polifónico de Entenza, a Coral “Ars Cantorum” de Guillade e director da Banda de Música de Sanxenxo; pero, ante todo, é unha grande persoa, con moitísima paciencia e unhas enormes doses de sentido do humor, que fai posible que os ensaios sexan moi agradables; en definitiva, o artífice do progreso paulatino nos nosos ensaios e actuacións.
A Javier débeselle toda a ilusión e as ganas coas que seguimos dende o inicio, que fai que nos manteñamos unidos como grupo.
Animamos a todos aqueles aos que lles guste cantar, que se unan a nós.

O Coro “Coto Xove” é dirixido tamén por Javier Alonso.
Os ensaios son os martes de 19:00 a 20:00 h. no Colexio Carballal.
Animamos a todos os nenos a partir de seis anos a que veñan a probar sen compromiso algún; garantíndolles que o van pasar estupendamente.
Animamos, sobre todo, aos pais para que lles dean a oportunidade aos seus fillos de probar unha nova actividade, da que estamos seguros van gozar enormemente.
¡ Trae ao teu fillo calquera martes ás 19:00 h ao Colexio Carballal e deixa que probe!
Máis información: 622 280 160